Que é Alí

Alí é un portal de recursos en galego para a educación infantil.

Creouse como ferramenta de apoio a unha actividade formativa dirixida ao persoal das escolas infantís para achegarlles material didáctico e produtos culturais en galego, facilitándolles o seu emprego na aula.

No entanto, o contido do portal é de interese para todas as persoas involucradas na educación das cativas e cativos: pais, nais, ANPAS, ludotecas, bibliotecas…

Preme aquí para saber máis sobre os Obradoiros Alí