Sábado, Febreiro 7, 2026

As Tareixas

As Tareixas son un grupo de Redondela formado por José Manuel, compositor que ademais toca o que faga falta, e mais os seus dous fillos, Román e Omara, cantantes e que tamén van camiño de tocaren o que cumpra.

En 2024 participaron na gala final do concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar co seu tema A cadeira da avoa e a partir de aí sucedéronse as chamadas para actuaren en diferentes espazos.

A boa acollida do público impulsounos a entraren no estudio para rexistrar o que é o seu primeiro disco, Santo Mandil, xa nas plataformas e tamén nun precioso formato físico con xeito de caderno.

RELACIONADOS

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Máis vistos