Para traballar a lectura e a ortografía dun xeito diferente e moi divertido. O xogo consta dun taboleiro e varios cartóns con preguntas e probas sobre letras, sílaba ou campos semánticos… Para respostar esas preguntas usamos fichas de diferentes cores, seguindo as instrucións, e ao lle darmos a volta ao taboleiro as cores que descubramos dirannos se acertamos ou non.
Os modelos dispoñibles en galego son: A casa, A escola, A rúa, Os animais, O campo e O corpo.