Actividade de outono que axuda a asimilar o concepto de cantidade e permite traballar a relación entre cantidade e símbolo. Pode complementarse cunha saída ao campo a recoller castañas e mesmo un pequeno magosto. Para iso, o imprimible inclúe un cornete de papel onde meter as castañas, ben durante a recollida, ben despois de asadas, para que non queimen :D. Podes descargalo aquí.