Nunú no xardín e Nunú xoga son os dous primeiros libros editados por Kalandraka deste elefantiño que axudará a espertar na rapazada prelectora o amor polos libros ao tempo que estimulará o seu interese polo mundo e as persoas que a rodean. Os breves textos que inclúen tamén destacan polo coidado e atención á sonoridade e o ritmo da lingua.