Venres, Abril 18, 2025

Colección O raposo Rufo

Rufo é o nome do raposo protagonista desta colección, creada por Estudio GNOMO e editada por Embora. As súas aventuras comezaron aló polo 2014 e acaban de rematar polo de agora coa edición a finais de 2016 de dous novos títulos: A maxia da horta e O coidado do medio. Cada aventura conta tamén cunha unidade didáctica nas páxinas centrais para traballar temas como as estacións, os animais, a alimentación ou o coidado do medio. E non acaba aquí o que nos ofrece este simpático raposiño, xa que conta coa súa propia web desde onde poderás descargar divertidas actividades de pintura, debuxo ou pasatempos.

RELACIONADOS

Animálgama

Bibopalula

Máis vistos

A música das buguinas

Animálgama

Bibopalula