Galego para peques naceu como unha canle de Youtube con videoclips educativos para a cativada, creados por unha nai e un pai que non se dedican profesionalmente a iso, pero que decidiron entregarlle á tarefa boa parte do seu tempo de lecer para axudar a aumentar a oferta deste tipo de materiais en galego.
Agora dan o salto ás plataformas musicais para podermos escoitar as cancións sen necesidade de vermos os vídeos.