Magín Blanco. Fol Música. Antes que en disco as cancións que compoñen este Gatuxo empezaron a difundirse xa a tráves dun espectáculo que leva percorridos xa diferentes festivais e programacións centrados nas crianzas máis pequerrechas e nos que a música se complementa con outros elementos escénicos, igual que ocorría nos anteriores espectáculos infantís do artista, como A nena e o grilo e A nena e o grilo nun barquiño. Este novo traballo de Magín é a súa persoal visión artística da evolución dunha crianza desde o nacemento mesmo, o que o fai apto para nenas e nenos desde 0 anos.