Pirilampo. Sonarbore. Lucecús é o novo traballo da banda coruñesa Pirilampo, quen afondan neste disco nos seus sinais de identidade: melodías pegadizas, sinxelas e animadas cunha notoria presenza tamén de instrumentación tradicional adaptada a ritmos de todo tipo. Tamén destacamos a colaboración no disco de dúas figuras emerxentes do pop galego como son as coruñesas Sés e a líder do grupo Bolboreta, Lydia Botana.