Patas de Peixe non é desde logo a editora máis produtiva do panorama galego; o seu parece ser máis ben o de agardar, facer as cousas con calma e nunca desbaldir o esforzo, e iso nótase porque non hai publicación desta marca que nos deixe nunca indiferentes.
O mesmo acontece agora con este Monstr3s, unha divertida historia de rebumbio nocturno que nos pode recordar á celebre escena do camarote dos irmáns Marx, e que ademais, se o consideramos, se pode ler en chave de superación dos medos, aceptación da diversidade ou necesidade da empatía.
