No camiño de colaboracións anteriores entre Blanca Millán e a editorial Cumio, cos libros dedicados á horta e aos montes, esta obra, recomendada para rapazada de entre 7 e 9 anos, xunta o coidado e o atractivo da parte visual cun moi interesante apartado divulgativo e a invitación a realizar actividades e saír ao propio medio para coñecelo e gozar del.