Pirilampo. AS-PG. Unha das recomendacións máis estritamente centradas nas idades máis novas, con grandes melodías e retrousos axeitados para cantar desde moi cativos, á parte doutros contidos educativos que se traballan en diversos temas. Varios centros educativos da Coruña colaboraron no disco. Outro dos puntos fortes é o DVD que nos facilita a elaboración de coreografías.