Poemas con canela é a nova colaboración entre Miguel Anxo Romero López (poemas) e Leandro Lamas (debuxos), editada novamente por Edicións Embora, igual ca aquel fantástico Pompas de cores do 2013.
Nesta ocasión os poemas están ademais musicados por Bárbara Mourelo.
Sen dúbida Embora está a facer un moi bo traballo coa súa colección Fardel de soños.