Apiario achéganos este conto de María Lado baseado nun poema seu “para lerlles aos maiores antes de durmir”. O apego, a angustia de separación e o amor explicado por un neno que se pon no sitio do seu osiño Cuqui e non quere que o volvan meter na lavadora. Vén cun recortable e unha pequena tarandeira para colgar a roupa.