Un libro-disco dos que xa case non se estilan, con CD e todo!!
Paco Nogueiras acode aos sons da nosa fauna máis familiar e doméstica para argallar un feixe de cancións que nos transportan polo mundo adiante nas mans de moi diversos estilos musicais.
Por se non abondase, ilustracións de Marc Taeger e un apéndice final con adiviñas e refráns da nosa tradición oral que fan referencia aos protagonistas das cancións.
