Libro disco de Pirilampo editado por Galaxia que achega a poesía de Manuel María á xente miúda. Unha moi boa selección de poemas (A natureza, O vento, A fala, Anduriñas, Neve ou o propio Teatro de Guiñol), coas ilustracións de Iván R, fan desta obra unha pequena xoia.