Sábado, Marzo 15, 2025

Viaxes e cancións dos Ratos de Lonxedetodo

Hai uns anos chegamos unha mañá cedo á biblioteca do Rego da Balsa, en Carballo. Era cedo de máis e a biblioteca aínda non abrira pero, aínda así, había xa á porta unha nutrida ringleira formada na súa maior parte por avós e avoas que agardaban tranquilamente.

Chamounos bastante a atención a fileira e cando un pouquiño despois puidemos entrar, preguntámoslles ás amables bibliotecarias a que se debía semellante aglomeración.

-É que empeza unha nova tempada dos Trinke Trinke Teatro cos Ratos de Lonxedetodo e veñen buscar entradas para as netas e netos.

Nunca tal cousa viramos, a verdade, e pensamos que esta breve anécdota pode dar idea do moito que á rapazada lle prestan os contos e as cancións que a compañía recolle agora nun libro enriquecido cunhas ilustracións tan bonitas coma esta que amosamos na entrada.

RELACIONADOS

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here

Máis vistos

Animálgama

Bibopalula

Galego para peques