María Fumaça. Sonárbore (Galaxia). 2ª entrega da tropa de María Fumaça, capitaneada por Uxía Senlle. Coma no primeiro disco, cancións para pequenos e grandes. A variedade e a viveza que percorre o disco permiten empezar a achegar unha gama ampla de emocións que experimentar coa música e animan a motricidade e o goce estético.